30 jul. 2014

Baile do Farolillo

Acto: Baile do farolillo
Día: 2 de agosto
Hora: 22:30h
Lugar: Granxa de Briz
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia organiza un ano máis o popular Baile do Farolillo o sábado 2 de agosto na Granxa de Briz. No caso de chover o evento trasladarase ao Multiusos da Praza de Abastos.
Na edición deste ano, o Baile do Farolillo manterá o prezo da entrada en 10 euros por participante, incluíndo cóctel de entrada, petisco e o propio farolillo para poderen bailar as persoas que asistan ao ao baile.
O Baile do Farolillo é un acto intersocial que vén dos tempos do xa perdido "Vergel" onde as parellas, ao ritmo da orquestra, teñen como obxectivo bailar cos seus respectivos farolillos aguantando a luz o maior tempo posible, competindo coas demais por ver quen é a última parella coa luz accesa.
As e os interesados en asistir poden mercar as súas entradas no propio local do Ateneo Santa Cecilia, na cafetería Aroma ou no local do Liceo Casino de Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario