24 jul. 2014

Competición BMX Pro Riders

Acto: Competición BMX Pro Riders
Día: 26 de xullo
Hora: 17H
Lugar: Half da estación de autobuses de Marín
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Marín Pro Riders
Este sábado, 26 de xullo, a Asociación Cultural e Deportiva Marín Pro Riders organiza unha nova competición de BMX no half situado nas pistas deportivas da estación de autobuses de Marín. A partir das 12h as e os interesados poderán inscribirse para participar nesta competición. A inscrición cun custo de 3€ pecharase ás 17h, momento ata o cal as e os participante desenvolverán os quecementos. A entrega de premios e trofeos para os primeiros clasificados está prevista para as 21:30h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario