14 sept. 2014

Debate: Reforma electoral: alcalde, o máis votado?

Acto: Debate: Reforma electoral: alcalde, o máis votado?
Día: 19 setembro
Hora: a partir das 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión Portocelo retoma a súa actividade de cara ao novo curso 2014-2015 cun debate sobre a reforma da lei electoral que levará por titulo "alcalde, o máis votado" e que terá lugar o venres 19 de setembro.
Neste debate intervirán os deputados do Congreso Gonzalo Ordóñez Puime, do PP, e Guillermo Meijón Couselo, do PSOE, mentres que polo BNG intervirá a súa responsable de acción municipal Goretti Sanmartin Rei. A entrada a este acto é gratuíta e aberta a todo o público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario