14 sept. 2014

Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)

Acto: Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar)
Día: 21 setembro
Hora: a partir das 11h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
O vindeiro domingo 21 de setembro a Asociación de Mulleres O Abeiro celebrará o Mercado Solidario Marín 3R (Reutilizar, Reciclar, Regalar).
Haberá zona de venda de artigos de segunda man: roupa, calzado, xoguetes, libros, bolsos, filmes, etc...a prezos moi económicos.
Outra zona será para o troque en que as persoas a nivel particular poderán cambiar entre si os diferentes artigos, serán cambios de particular a particular sen ánimo de lucro.
Será na alameda Rosalía de Castro a partir das 11 da mañá ata as 9 na noite en horario ininterrompido.
Desde O Abeiro animan a todas as persoas a colaborar e doar todas aquelas cousas que xa non usen e que outras persoas poidan utilizar. En tempo de crise a solidariedade é un apoio preciso para que todas as persoas poidamos seguir adiante.


No hay comentarios:

Publicar un comentario