19 sept 2014

Homenaxe no Pozo da Revolta

Acto: Homenaxe no Pozo da Revolta
Día: 27 setembro
Hora: 12:30h
Lugar: Pozo da Revolta

Organiza: Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín celebrará o próximo sábado 27 de setembro ás 12:30 horas no Pozo da Revolta (Bagüín - Mogor) un acto de homenaxe aos que defenderon a liberdade con especial recordo a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota" violada e asasinada o 18 de agosto de 1936, aos 29 anos de idade.
Dito acto contará coa presenza da poeta Lucía Novas Garrido; da escritora e pensadora Prado Esteban Diezma e dos músicos Felipe Rea e Samu Acuña.
O Pozo da Revolta foi recuperado e posto en valor o 20 de decembro do ano 2008 converténdose nun Espazo da Memoria de Marín. O equipo do Proxecto de Investigación Interuniversitaria "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" deixábanos naquela data o seguinte texto:
"O golpe de estado do 18 de xullo de 1936, converte este lugar en escenario do asasinato de persoas de distinta condición social, ideoloxía, idade, xénero ou procedencia. Elas nunca imaxinaron que ían ser vítimas dunha represión tan brutal e sen precedentes. Morreron por representaren a transformación social, política e cultural dunha Galicia máis democrática. Os seus corpos abandonados ou desaparecidos propagaron o terror... Iniciábase un longo tempo de medo e silencio. Setenta anos despois quédanos a memoria"


No hay comentarios:

Publicar un comentario