3 oct 2014

Charla sobre a prevención do cancro de mama

Acto:Charla sobre a prevención do cancro de mama
Día:  10 de outubro
Hora: 20horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres O Abeiro
O venres 10 de outubro a Asociación de Mulleres O Abeiro xunto con Adicam (Asociación de diagnsticadas de cancro de mama) organiza unha charla na biblioteca de Marín sobre a prevención do cancro de mama.
Para falar deste tema estará presente o doutor Jesús Sánchez Nebra, especialista en cirurxía xeral e dixestiva do hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.
O cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais, de feito no estado español diagnostícanse ao redor de 22.000 novos cancros de mama ao ano.
ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2000; nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario