3 oct 2014

Carreira Pinga Pinga

Acto: Carreira Pinga Pinga
Día:  11 de outubro
Hora: 17horas
Lugar: Santomé
Organiza: Club Deportivo Pinarium
Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, e máis concretamente no concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca para o 11 de outubro a quinta edición da carreira Pinga-Pinga.
A carreira que tamén servirá para homenaxear o atleta Alejandro Gómez comezará a partir das 16:10 para as e os máis pequenos.
Para participar hai que se inscribir previamente, ata o mércores 8, en www.cronotec.es para as persoas adultas e en www.pinarium.com para as e os menores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario