1 nov 2014

Magosto Popular

Acto: Magosto Popular
Día:  8 de novembro
Hora: 16:30 horas
Lugar: Praza do Reloxo (no caso de chuva multiusos)
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín celebrará un magosto popular este vindeiro sábado, 8 de novembro, a partir das 16:30h na praza do Reloxo de Marín, ao carón da igrexa vella de Marín. No caso de chover, o magosto trasladarase ao Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
No marco da cultura popular, o magosto, e en xeral as festas anuais, teñen un lugar fundamental pois constitúen algunhas das manifestacións máis xenuínas da nosa cultura. Arredor do magosto existen múltiples tradicións e crenzas populares que a globalización uniformizadora está a facer que se perdan.
Moitos concellos e lugares da contorna de Marín, organizados por asociacións ou polos propios concellos, están a celebrar os seus magostos e a nosa vila non podía ser menos por iso desde a nosa asociación non queríamos que as e os marinenses perderan a oportunidade de gozar dunha festa como o magosto e non degustar tan saboroso manxar.
Durante o magosto, as persoas que se achegaren, ademais de gozar das castañas asadas, poderán tamén divertirse cos xogos populares que nos traerán as xentes da Asociación O Gharaboto. Tamén e para animar a festa haberá música da man do cantautor Samu Acuña e o grupo de música tradicional Os de Marín. Desde a asociación queremos animar tamén, a quen quixer, a traer un instrumento e participar da festa tocando algunha peza

No hay comentarios:

Publicar un comentario