7 nov 2014

Presentación "Contos do mar de Irlanda"

Acto: Presentación "Contos do mar de Irlanda"
Día:  13 de novembro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín organiza o próximo xoves 13 de novembro, dentro da súa sección O Tiraverbas, unha nova presentación dun libro. Desta volta, o libro presentado será "Contos do mar de Irlanda", un volume que recolle a experiencia de distintos mariñeiros galegos no mar do Gran Sol, do polifacético Xurxo Souto.
Para a presentación, que pretende ser tamén unha homenaxe aos mariñeiros de Marín Tomé de Raxo, José dopazo Posse e Benito Lobeira, contaremos coa presenza do propio autor, Xurxo Souto, e será presentado por Xosé Emilio Dopazo, familiar dun dos mariñeiros homenaxeados.
Durante o transcurso da presentación que terá lugar na biblioteca de Marín a partir das 20h Xurxo Souto tamén tocará unhas pezas musicais co seu acordeón, facendo da presentación un acto moi emotivo e unha sentida homenaxe a todas as xentes mariñeiras.
Xurxo Souto está licenciado en Filoloxía Clásica e traballa desde 1986 en diferentes medios de comunicación. Como narrador publicou: "A tralla e a arroutada” (Xerais 1995), relatos; “Fumareu” (Xerais 1997), relatos; “O retorno dos homes mariños” (Xerais 1999), novela; “Contos da Coruña” (Xerais 2001), selección de artígos sobre a sía cidade, “Tres trebóns” (Xerais 2005), relatos, “A Terra Queima” (Xerais, 2013) e “Contos do mar de Irlanda” (Xerais, 2014). Aínda que polo que é máis coñecido é por ser o vocalista e músico do grupo "Os Diplomáticos de Monte Alto" e "Os Tres Trebóns".

No hay comentarios:

Publicar un comentario