27 nov 2014

Memorial 125 aniversario de Raimundo Vidal Pazos

Acto: Memorial 125 aniversario de Raimundo Vidal Pazos
Día: 10 de decembro
Hora: 19:30h
Lugar: Biblioteca de Marín 
Organiza: Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
O grupo de acción cultural 'Xornadas-Reecontro coa Historia de Marín' organiza o Memorial '125 aniversario de Raimundo Vidal Pazos' que terá lugar o mércores 10 de decembro ás 19,30 horas na Biblioteca Publica 'Vidal Pazos'. Os actos abriranse coa exposición fotográfica de imaxes profesionais e familiares do homenaxeado. A continuación terá lugar a presentación do memorial no que intervirá o promotor das Xornadas-Reecontro, Angel G. Carragal e un representante do Colexio de Avogados de Vigo, así como Juan M. Martínez Arias que lerá a semblanza do personaxe homenaxeado. A continuación será entregado o diploma de honor a título póstumo e un obsequio simbólico do Concello de Marín. Co discurso da alcaldesa e a actuación do Orfeón de Ardán porase fin ao memorial.
Raimundo Vidal Pazos ten tras de si un longo historial. Foi un bo home disposto sempre a servir os demais deixando unha profunda pegada imborrable na historia de Marín, a súa vila, á que tanto quería. Fundou e dirixiu o semanal 'Marín' desde cuxas páxinas defendía os intereses locais e foi presidente da Xunta de Defensa Local promovendo a marcha sobre Pontevedra para incautación da lonxa do peixe. Licenciado en Dereito pola USC fundou o Colexio de Avogados de Vigo e está en posesión da Gran Cruz de San Raimundo. Morreu en Vigo no ano 1976 aos 87 anos de idade e o Concello de Marín púxolle o seu nome á Biblioteca e a unha das rúas do municipio en agradecemento á súa laboura e exemplaridade marinense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario