20 nov 2014

Club de lectura "Casa de muñecas"

Acto: Club de lectura "Casa de muñecas"
Día: 28 de novembro
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro celebra o venres, 24 de outubro, ás 18h unha nova xuntanza do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é "Casa de muñecas" do que hai unha referencia un pouco máis abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Casa de muñecas foi escrita dous anos despois de "Las columnas de la sociedad" e foi a primeira obra dramática de Ibsen que causou sensación. Na actualidade é, se callar, a súa obra máis famosa e a súa lectura é obrigatoria en moitas escolas e universidades. Cando Casa de muñecas se publicou xerou gran controversia, xa que critica fortemente as normas matrimoniais do século XIX. Aínda que Ibsen negou que a súa obra fose feminista, é considerada por moitos críticos como a primeira verdadeira obra teatral feminista.
Casa de muñecas describe a situación familiar na que se encontra a protagonista Nora, e da cal intenta saír. Tras intentar coa súa mellor vontade axudar o seu marido, Torvald Helmer, descubre que este, no fondo, non a considera máis que un obxecto da súa propiedade. Ao final Nora decide non vivir máis co seu marido e deixa a Torvaldo e os seus fillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario