10 feb 2015

Charla coloquio sobre o entroido

Acto: Charla coloquio sobre o entroido
Día: 13 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Enmarcada dentro da colaboración que o Club de Opinión PORTOCELO vén mantendo todos os anos coa comisión organizadora do carnaval, o próximo día venres 13 de febreiro ofrecerase unha charla que terá lugar no Museo Manuel Torres a partir das 20.00 e na que intervirán Queta Otero-Molas, presidenta da Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica, que falará sobre 'Personaxes do Entroido de MarínSéculo XX' e o antropopólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega' (Saga) que disertará sobre 'Entroidoespertando o mundo', intervención que acompañará con documentación audiovisual. A presentación do acto, que servirá de pistoletazo de saída á programación oficial do Entroido de Marin 2015, estará A Cargo de Lois GDopazo, dinamizador cultural e presidente fundador da comparsa "Os da Caña, menuda coña."

No hay comentarios:

Publicar un comentario