Acto: Presentación "O cuarto poder en rede”
Día: 12 de febreiro
Hora: 20horas
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín organiza para este xoves, 12 de
febreiro, a presentación do libro “O cuarto poder en rede” de Victor Sampedro.
“O cuarto poder en rede” é unha encendida defensa do xornalismo. Non o de
agora, que se extingue, senón o do futuro, que xa se xera desde distintas
organizacións, filtrando documentos e datos. A través de cinco capítulos
preñados de datos incontestábeis o autor analiza distintas cuestións que teñen
que ver co xornalismo e a rede.
Este libro xira arredor do proxecto Wikileaks e personaxes como Julian
Assange, Chelsea E. Manning e Edward J. Snowden, denunciando a mentira oficial
e cuestionando o modelo de traballo e negocio dos medios de comunicación
tradicionais.
Victor Sampedro ademais de analizar neste libro internet como ferramenta de
control e as dificultades que existen para procesar a información, tamén estuda
o que supuxo a aparición de Wikileaks e as actividades de Assange, xunto con
Manning e Snowden, ou a necesidade de crear un contrapoder en forma de xornalismo
de código libre.
Victor Sampedro é Doutor en Ciencias da Información e Catedrático de
Opinión Pública e Comunicación Política (URJC Madrid) e profesor investigador
convidado de Comunicació i Política (UPF Barcelona) e socio fundador da
Asociación de Comunicación Política.
O acto que terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín será presentado polo
escritor Rodrigo Cota e intervirán ademais do propio autor, Victor Sampedro, o
editor do libro Uxio Novoneyra Rei.
Neste acto tamén intervirá X.M. Albán quen presentará e falará sobre a
iniciativa do Observatorio dos Medios Galegos da cal é o seu presidente
Acto: Presentación "O cuarto poder en rede”
Día: 12 de febreiro
Hora: 20horasDía: 12 de febreiro

No hay comentarios:
Publicar un comentario