5 ene 2015

Presentación "O alicornio, o poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega"

Acto: Presentación "O alicornio, o poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega"
Día: 16 de xaneiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín inaugurará a sección do Tiraverbas do ano 2015 coa presentación o vindeiro venres 16 de xaneiro do libro “O alicornio, o poder do corno de unicornio na medicina tradicional” escrito polo antropólogo e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) Rafael Quintía.
O Unicornio é, posibelmente, un dos animais míticos máis universais e ao seu corno – o alicornio- atribúenselle desde a máis remota antigüidade moitos prodixios alén de propiedades sandadoras contra todos os velenos.
En Galiza, a crenza nos poderes curativos do alicornio callou fondo converténdose a máxica hasta no amuleto por excelencia para curar o mal de pezoña e outras doenzas da pel.
Rafael Quintía recolle neste libro, “O alicornio, o poder do corno de unicornio na medicina tradicional”, 8 anos de investigación ao redor dun dos obxectos máis interesantes da medicina tradicional galega, facendo un extenso percorrido polo mundo do alicornio e as súas virtudes.
O acto de presentación que será aberto a todas as persoas interesadas terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín a partir das 20h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario