19 feb 2015

Charla "Un galego na República Popular de Corea"

Acto: Charla "Un galego na República Popular de Corea"
Día: 26 de febrero
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Mar de Lumes
No ano 2014 dous galegos foron coñecer de primeira man como era a realidade da República Popular de Corea. O próximo xoves 26 de Febreiro a asociación de solidariedade internacionalista Mar de Lumes organiza un acto na Biblioteca de Marín onde Anxo Benigno López, un destes galegos, falará das súas experiencias e impresións neste país do oriente.
Coñeceremos de primeira man, e sen intermediarios tendenciosos, como é a realidade de Corea do Norte. Como viven os seus habitantes, como son as súas cidades. Todo contado por un “Marco Polo” galego que foi ao cabo do mundo para coñecer un país moi distinto ao noso.
Temos que ter en conta á hora de avaliar a realidade da península de Corea que os dous países que a conforman continúan oficialmente en guerra. Véndesenos que hai unha Corea ditatorial e unha Corea “democrática”, cando na realidade Corea do Sur foi até hai pouco unha ditadura militar e hoxe en día se ilegalizan partidos políticos e encérranse sindicalistas con total impunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario