19 feb 2015

Celebración do 25 aniversario do desfile de entroido de Marín

Acto: Celebración do 25 aniversario do desfile de entroido de Marín
Día: 28 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
Organizado por ‘Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín’, o día 28 terá lugar a celebración do 25 aniversario do desfile do Entroido de Marín cun programa consistente na inauguración dunha exposición fotográfica sobre "Comparsas do Entroido de Marín" no Museo Manuel Torres as 20.00 horas e unha cea-baile, seguida da entrega de distincións ás comparsas: 'Os Pitufeiros', 'Os da Caña’, 'Os de San Xulián', 'Os Paparrulos’ e ‘Xarangallo Mangallo’, así como unha mención especial a ‘Los Tunantes’ e ‘Os Sanfóns’, así como a Margarita Fariña, ex concelleira de Cultura e primera impulsora do desfile de Entroido. As inscricións para asistir á  cea deben realizarse no Ateneo Santa Cecilia, previo pago de 18 euros por comensal. O prazo estará aberto ata o día 26.

No hay comentarios:

Publicar un comentario