29 mar 2015

Peter´s Room: Mostra de creadores emerxentes

Acto: Peter´s Room: Mostra de creadores emerxentes
Día: 11 e 12 de abril
Hora: 19h
Lugar: Multiusos da Praza de Abastos
Organiza: Peter´s Room
Tras 5 edicións, en Vilagarcía e Cambados, e antes de se desprazar ata Carballo no mes de agosto, a Mostra de Creadores Emerxentes Peter´s Room chega a Marín os días 11 e 12 de abril.
Peter´s Room trátase dun "cuarto con vistas", na que se reúnen nun mesmo espazo creadores emerxentes de distintas áreas e sectores, visitantes e comerciantes.
É un punto de encontro, para coñecerse e recoñecerse, no profesional e no persoal, creando un entorno que facilita o intercambio de ideas e experiencias.
Nel non soamente se dan a coñecer produtos, servizos e marcas, senón que se crea toda unha experiencia única en torno ao evento.
A Mostra que se instalará na Praza de Abastos de Marín conta cun programa amplo e variado de actividades que van desde concertos ata talleres e obradoiros de creación. Pódese atopar máis información na páxina da mostra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario