28 mar 2015

Charla "A Lei de Reforma Integral de Rexistros"

Acto: Charla "A Lei de Reforma Integral de Rexistros"
Día: 8 de abril
Hora: 20:15h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Ante a incertidume e preocupación que causa entre a poboación marinense o anuncio da próxima entrada en vigor da Lei de Reforma Integral de Rexistros e a consiguiente privatización dos Rexistros Civís, o Club de Opinión PORTOCELO organiza unha charla-coloquio sobre o tema que terá lugar o mércores, 8 de abril, ás 20,15 h. na Biblioteca Municipal. A disertación estará a cargo de Manuel Valle Alonso, funcionario de Admón de Xustiza e membro da Xunta de Persoal de Xustiza de Pontevedra, en representación do CSI-F. O acto servirá para coñecer en profundidade a lei e as consecuencias que orixinaría a súa aplicación aos marineses, entre outras o desprazamento ao Rexistro Mercantil da Propiedade de Pontevedra para xestionar a obtención dos certificados de defunción, nacemento, libro de familia, etc., co perxuízo engadido de que haberá que pagar por un servizo ata agora gratuíto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario