27 mar 2015

Andaina "Montes e praias de Marín"

Acto: Andaina "Montes e praias de Marín"
Día: 5 de abril
Hora: 9h
Saída: Caseta de turismo de Marín
Organiza: Club Ciclista Marín
O Club Ciclista de Marín dentro das súas ciclomarchas histórico-artísticas organiza o domingo 5 de abril unha andaina para coñecer os montes e as praias do concello.
A andaina que sairá ás 9 da mañá desde a caseta de turismo situada ao carón da entrada da escola naval terá un percorrido circular duns 21 kilómetros que transcurren polo monte, cos seus miradoiros naturais a 400m de altura, e as praias desde Loira ata Portocelo. Durante o camiño as persoas que participen poderán gozar de lugares bonitos e singulares e de grande importancia patrimonial, medioambiental ou cultural como son o Castro de Subidá, Penizas, o menhir de Casás, o río Loira, a igrexa de Santo Tomé de Piñeiro, as vistas desde Pastoriza, os muíños do río Loira, a igrexa de Sta. María de Ardán, os cantís entre O santo e Loira, os areais de Loira, Aguete, Mogor e Portocelo e o petróglifos de Mogor.
Poderán participar hai que se inscribir previamente enviando un correo cos datos da persoa interesada, xunto cun xustificante do pagamento de 2€ que se destinarán á Asociación Española contra o Cancro, ao correo xedopazo@hotmail.com (Xosé Emilio). O pago poderá facerse na seguinte conta bancaria ES71 2080 5430 2630 4010 7599 o día da andaina no secretariado da mesma.
A entrega de dorsais farase entre as 8 e as 8:45 da mañá estando cubertas cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil Limitada” e dun “Seguro de Accidentes Limitado” todas aquelas persoas inscritas e que acepten as condicións da andaina non facéndose responsables a organización daquelas persoas que non se inscribisen previamente.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario