16 mar 2015

II Torneo La Peña L.P.

Acto: II Torneo La Peña L.P.
Día: 21 de marzo
Hora: 10h
Lugar: Pavillón A Raña
Organiza: La Peña L.P.
O sábado 21 de marzo o pavillón deportivo de A Raña acollerá o II Torneo de Futsal Mixto La Peña L.P. no que participarán 16 equipos formados por mulleres e homes co obxectivo de promover a igualdade de xénero no fútbol sala.
O torneo que comezará ás 10 da mañá e rematará ás 22h coa entrega de premios ao equipo gañador tamén contará con xogos hinchables para crianzas, sorteos, e unha sesión de zumba entre as 16:30 e as 17:30 na que poderá participar todas aquelas persoas que o desexen colaborando coa entrega de alimentos non perecedeiros.

O torneo contará con distintos premios individuais para a ou o pichichi, zamora, mellor xogadora entre outros, mentres que o equipo gañador do torneo levará 100€ mais un trofeo, o segundo 50€ mais trofeo, e o terceiro unha equipación mais trofeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario