12 mar 2015

Entroido en San Xulián

Acto: Entroido en San Xulián
Día: 20 de marzo
Hora: 18h
Saída: San Xulián
Organiza: Asociación Cultural Os da Caña
Despois de mudar de data a Asociación Cultural Os da Caña de San Xulián organizan o entroido desta parroquia marinense o venres 20 de marzo. No desfile, que sairá ás 18h de San Pedro, participarán numerosas comparsas de toda a provincia entre as que estarán "Os miudos de Arcade", "Amoriños de Bora", "100 Tolos", "Sollamidas", "Os Canecos", "Clave de Sol", "Os Paparrulos", "Flores del Carnaval", "FBI y los Lacasitos", "Samieira", "Amigos dos Rapaces", "Con Café" e os propios "Os da Caña".
A Comparsa Os da Caña convidan a todas e todos os veciños a acudir con ou sen disfrace para gozar desta festa na que do propio desfile tamén haberá un dúo musical amenizando a festa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario