30 abr 2015

Torres na lembranza

Acto: "Torres na lembranza"
Día: 7 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Con motivo do XX Aniversario de D. Manuel Torrres, un dos fundadores do Ateneo Santa Cecilia, esta entidade organizará un acto titulado "Torres na lembranza" o xoves 7 de maio ás 20:30h no Museo Manuel Torres. Neste acto no que se proxectará un documental sobre Manuel Torres e se escoitará unha entrevista ao coñecido pintor marinense, participarán o pintor Antón Sobral, Alberto Mallo, encargado do Museo Manuel Torres Marín, a Alcaldesa do Ilmo. Concello de Marín, María Ramallo e Lois González como Presidente do Ateneo Santa Cecilia.
Ao rematar tanto o documental como a audición da entrevista haberá un coloquio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario