20 abr. 2015

Aberto de billarda das festas de San Xosé do Cantodarea

Acto: Aberto de billarda das festas de San Xosé do Cantodarea
Día: 3 de maio
Hora: 17h
Lugar: Parque Azul de Cantodarea
Organiza: Asociación Cultural Deportiva Gharaboto
Con motivo da Festas de San Xosé de Cantodarea, e integradas no programa destas, a Asociación Cultural Deportiva Gharaboto organiza diversas actividades o 2 e 3 de maio.
O 2 de maio haberá a partir das 11 da mañá un pasarrúas do grupo de gaitas da propia asociación "Os de Marín" deixando para o domingo 3 un completo programa de actividades relacionadas cos deportes tradicionais.
Así o domingo 3 pola mañá, a partir das 12, no Praza do Regueiro as e os máis pequenos da casa poderán practicar e gozar do lipe, zancos, pa, bólas, trompos, ra, chave, corda, aro...
Xa pola tarde do domingo 3, a partir das 17h, no Parque Azul de Cantodarea terá lugar o Aberto de billarda das Festas de San Xosé de Cantodarea puntuable para a Conferencia Sur da Liga Nacional de Billarda. Como sempre a inscrición e a participación neste tipo de torneos é gratuíta e aberta a todas as persoas independentemente da súa idade e do seu xénero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario