7 may 2015

Festa fin das ciclomarchas

Acto: Festa fin das ciclomarchas
Día: 17 de maio
Hora: 9h
Saída: Caseta de turismo de Marín
Organiza: Club Ciclista Marín
A XXXII edición das Ciclomarchas Histórico-Artísticas de Marín que organiza todos os anos o Club Ciclista Marín despois de percorreren e visitaren interesantes e fermosos lugares, tanto en bici como a pé, chegan este 17 de maio ao seu fin cunha gran festa da bici.
Como todos os domingos desde o seu comezo sairase a facer unha ruta en bici, desta volta o percorrido será curto, 11,5 km, e de dificultade baixa e levará as e os participantes polas rúas do centro urbano de Marín, as barriadas Virxe do Carme (Suboficiais), San Pedro, A Laxe, A Cañota, Praceres para volver a Marín a ritmo de paseo.
Ao finalizar o paseo haberá sorteos, unha bicicleta doada pola deputación e outros agasallos, e unha entrega de premios para as e os participantes que participasen nun determinado número de marchas, 6 para os máis pequenos 9 para adultos. Tamén se entregará un premio especial a aquela familia máis numerosa que participe en bicicleta.
Finalmente fará presencia  “Orni”, (obxeto rodante non identificado), tándem para catro persoas, grazas á colaboración especial de Servizos Cantodarea; unha boa metáfora do que significa esta actividade: apoio conxunto para chegar á meta, sen vencedores nin vencidos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario