7 may. 2015

Feira de Artesanía Solidaria

Acto: Feira Artesanía Solidaria
Día: 17 de maio
Hora: 10H
Lugar: Alameda Rosalía de Castro de Marín
Organiza: Asociación Artesáns Marinenses
A Asociación de Artesáns Marinenses organiza para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha feira de artesanía solidaria na alameda Rosalía de Castro de Marín. Na feira que abrirá as súas portas a partir das 10 da mañá, ademais de poder mercar os produtos que ofrecerán os distintos postos de artesanía, o público poderá ver un campionato de boxeo infantil organizado polos clubes Team Thunder e Rebouras, baixo a dirección de Aarón González.
Tamén se recollerán durante a feira tapóns e alimentos que se doarán ás asociacións benéficas da vila.

1 comentario: