13 may 2015

Presentación "Dragal. A estirpe do dragón”

Acto: Presentación "Dragal. A estirpe do dragón”
Día: 27 de maio
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia, Club Unesco de Marín, presenta o Cuarto Libro da Saga Dragal “ A estirpe do dragón”,  da que é autora a escritora marinense Elena Gallego Abad. editado pola Editorial Xerais. O acto terá lugar no Museo Manuel Torres de Marín, o mércores 27 de maio, as 20,30 h.
Presentará a autora e a súa obra, Hector M. Silveiro Fernández , profesor do Colexio San Narciso de Marín e membro numerario da Real Academia Galega da Lingua polo Bierzo e Manuel Bragado, director de Editorial Xerais de Galicia.
Elena Galego Abad, acaba de realizar a pasada semana, unha exitosa xira por Cataluña, presentando a súa obra traducida ao catalán por Pagés editors. Dragal I está traducido ao Inglés, e nestes momentos estase a traducir o segundo libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario