14 may 2015

Homenaxe a José Santiago Pereira "Sansón"

Acto: Homenaxe a José Santiago Pereira "Sansón"
Día: 31 de maio
Hora: 11:30
Lugar: Marín (cemiterio-Campo de fútbol San Pedro-Club de Mar de Aguete)
Organiza: Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
O grupo de acción cultural “Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín” de acordo cos seus obxectivos de traer ao recordo aconterecer e personaxes relevantes o pasado histórico marinease organiza unha homenaxe “in memoriam” ao futbolista José Santiago Pereira coincidindo co 30 aniversario do seu falecemento.
José Santiago Pereira (Marín 1937-1985), coñecido popularmente como Sansón, foi porteiro dos equipos Real Madrid e Valencia. Iniciouse no fútbol moi novo no Marín C. F. pasando despois ao Real Madrid na época de Di Stéfano, Puskas e Gento, para seguir
A súa carreira deportiva noutros equipos e sempre de Primeira División, como o Levante, Mallorca, o Salamanca... e retornar, ao final da súa carreira, á súa vila natal onde faleceu con case 48 anos.
Foi o primeiro dunha xeración de gardamallas marinenses que adquiriron gran prestixio en equipos de fútbol de primeiro nivel formada polo seu hermano Carlos Santiago Pereira (Pontevedra; CF e Atlético de Madrid), o seu sobriño Agustín R. Santiago, portero do Real Madrid chegando a ser internacional e futbolista olímpico; e o seu neto, o benxamin da saga, J. Pablo Teijeira Santiago, actualmente porteiro do Alondras de Cangas.
Sansón fíxose merecedor do cariño de canta persoa o tratou e especialmente do mundo do fútbol para o que viviu. Tiña o orgullo de levar o nome da súa vila alá onde ía e isto obriga a que en Marín, onde naceu e deu os seus primeiros pasos como deportista, sigamos lembrándoo.
Os actos da homenaxe terán lugar o domingo 31 de maio e consisitirán en:
  • 11.30h Ofrenda floral e minuto de silencio no ceminterio de Marín.
  • 12.00h Encontro de fútbol ‘Trofeo JSP Sansón’ entre os equipos Marín, C. F. e Veteranos Merendero Marín, C. F. no Campo de San Pedro ao que poderán asistir cantas persoas o desexen. O ‘saque de honor’ e himno estará amenizado polo grupo folclórico Pousos da Area de Marín. A entrada é libre.
  • 14.30 Comida de confraternidade con familiares e amigos; lectura de semblanza a cargo de Julio Santos Pena; entrega de trofeos aos equipos e entrega de placas simbólicas á viuva do homenaxeado María del Carmen Boullón, das entidades colaboradoras da homenaxe: Concellería de Deportes-Concello de Marín, Marín, C. F. e Peña Madridista Marín.
As persoas que desexaren asistir á comida que terá lugar no Club Mar de Aguete deberán facer a reserva nos teléfonos 699845993; 670654334 e na Tenda Bicos 986891147.

No hay comentarios:

Publicar un comentario