6 may 2015

Presentación “El destello del silencio” e “El Hombrecillo Azul y otros relatos”


Acto: Presentación “El destello del silencio” e “El Hombrecillo Azul y otros relatos”
Día: 15 de maio
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: O Abeiro
Este venres 15 de maio a partir das 20h o Museo Manuel Torres de Marín acollerá o acto de presentación de dous libros “El destello del silencio” e “El Hombrecillo Azul y otros relatos” de dúas escritoras, Mª Olga Vidal e Rosaio MIloro, que se coñeceron no taller de escritura creativa de Jorge Cuña realizado coa colaboración da Asociación de Mulleres O Abeiro.
“El destello del silencio” é o último libro da pontevedresa Mª Olga Vidal, un poemario, segundo di a autora, pensado en situacións ou lugares case esquecidos e que desecan porlle voz ao silencio. O que pretende con estes poemas é rescatar valores e patrimonios que darían novas oportunidade en remansos cheos de paz e tranquilidade.
“El Hombrecillo Azul y otros relatos” é o novo libro de Rosario Miloro, de orixe catalá e galego, no que se reunen unha serie de relatos breves e moi distintos entre si, mais que, segundo asegura a autora, teñen en común a condición humana, coas súas luces e as súas sombras fantasías, arelas e esperanzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario