4 jun 2015

Conferencia "Filgueira Valverde: reflexións sobre a súa vida e as súas obras"

Acto: Conferencia "Filgueira Valverde:  reflexións sobre a súa vida e as súas obras"
Día: 16 de xuño
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Clube de Opinión PORTOCELO organiza un acto na memoria do profesor Xosé Filgueira Valverde homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, consistente nunha conferencia que baixo o titulo de "Xosé Filgueira Valverde: reflexións sobre a vida e as súas obras" será impartida polo director do Museo de Pontevedra e Doutor en Historia del Arte, Xosé Carlos Valle e presentada polo crítico de arte e literatura e responsable do departamento de Documentación do Diario de Pontevedra, Ramón Rozas.
A conferencia comezará ás 20.30 h. no salón de actos do Museo Manuel Torres e será aberta todo o público interesado. 
Con este acto o foro de opinión marinense quere unirse a todas cantas voces se veñen facendo eco da importante traxectoria cultural do Profesor Filgueira Valverde como quedou recoñecida ao terlle sido adicado o Día das Letras Galegas.
Cómpre salientar que Xosé Filgueira Valverde foi un dos primeiros conferenciantes que pasaron polo Club de Opinión Portocelo nada máis ser fundado hai máis de 25 anos.
Previamente, ás 20h, no propio Museo Manuel Torres será presentado o caderno Ramón Piñeiro. "Quíxose con primor e feitura" onde 30 autores analizan a figura de Filgueira Valverde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario