2 jun 2015

Inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

Acto: Inauguración do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños
Día: 7 de xuño
Hora: 09:30h
Saída: Área recreativa do Pornedo
Organiza: Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños
O domingo 7 de xuño, despois de anos de traballo, inaugurarase o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños con diversas actividades nas que se inclúen un roteiro arqueolóxico para coñecer a grande riqueza natural, paisaxística e arqueolóxica deste interesante espazo que ocupa terreos das comunidades de montes de Lourizán, Salcedo e San Xulián.
Desde a organización fan un convite a toda a veciñanza para que os montes veciñais se enchan de persoas para celebrar a posta en valor do patrimonio cultural dos nosos montes. Esre proxecto é un exemplo paradigmaticamente de proxecto de base, feito por e para a cidadanía.
Ao finalizar o roteiro a organización servirá uns pinchos e viño galego para todas e todos aqueles asistentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario