10 jul 2015

IV Concurso Tradicional Juniors

Acto: IV Concurso Tradicional Juniors
Día: 12 de xullo
Hora: 18h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Os Chaneiros
A asociación Os Chaneiros organiza por cuarto ano consecutivo o Memorial Antonio Fernández que comezará este domingo 12 de xullo co concurso tradicional de cuartetos e continuará o domingo 18 de xullo cun festival de música en baile.
A primeira cita, o domingo 12, será na Alameda Rosalía de Castro onde, a partir das 18h, cuartetos junior participarán no único concurso para participantes desa categoría en toda Galicia. Ademais de premiar as habilidades musicais dos participantes, tamén se terá en conta a calidade da interpretación obrigatoria dalgunha das pezas do compositor homenaxeado, Antonio Fernández.
O gañador do concurso ademais dun trofeo levará un premio de 200€, o segundo clasificado 100€ e un trofeo e xa para o terceiro un trofeo. Todos os cuartetos participantes só polo feito de participar levarán 40€ cada un como axuda para os gastos de desprazamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario