12 ago 2015

Conferencia. Vida e obra de Xosé Filgueira Valverde

Acto: Conferencia sobre a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde
Día: 28 de agosto
Hora: 20:30h
Lugar: Museo Manuel Torres

Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia organiza o venres 28 de agosto unha conferencia sobre a vida e obra do homenaxeado do Días das Letras Galegas 2015, Xosé Filgueira Valverde.
A conferencia que comezará a partir das 20:30 no Museo Manuel Torres enmarcase dentro da exposición "Xosé Filgueira Valverde (1906-1996): un faro na construción de Galicia" que se pode visitar no propio museo. Para falar de Xosé Filgueira o Ateneo Santa Cecilia conta coa presenza do seu fillo e presidente da Fundación Filgueira Valverde, Xosé Fernando Filgueira Iglesias.
Durante o acto tamén se poderán escoitar algunhas pezas do "Cancioneiro Musical de Galicia de Castro Sampedro e Folgar", obra editada en 1982 con textos de Filgueira Valverde, interpretadas polo cuartero de música tradicional Picuíña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario