1 sept. 2015

Charla "Catalunya. Estado do proceso soberanista"

Acto: Charla "Catalunya. Estado do proceso soberanista"
Día: 16 de setembro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Mar de Lumes e Galiza pola Soberanía Morrazo
O proceso electoral en Catalunya non deixa indiferente a ninguén, pois estamos ante unhas eleccións que van ser decisivas para a configuración da estrutura institucional do estado español. O pobo catalán quere decidir democrática, libre e pacificamente o seu futuro.
Desde a asociación de solidariedade internacionalista Mar de Lumes e Galiza pola Soberanía do Morrazo queremos achegar o noso gran de area dando a coñecer a opinión dos e das que defenden o proceso de independencia de Catalunya.
Queremos darlle a voz aos que reivindican o dereito do pobo catalán a decidir o seu futuro democraticamente para romper co marco xurídico e político do estado español. Con este acto pretendemos achegar argumentos que non podemos escoitar nos grandes medios de comunicación.
Por ese motivo organizamos o próximo mércores 16 de setembro, ás 20h., un acto na biblioteca municipal de Marín co título “Catalunya, estado do proceso soberanista” no que intervirá a representante da Assemblea Nacional Catalana en Galiza Susana Montesinos.
Estas eleccións teñen un claro carácter plebiscitario, e son na práctica o exercicio do dereito de autodeterminación do pobo catalán. Vai haber un antes e un despois destas eleccións, sexa cal for o resultado vanse dar pasos para modificar a configuración do estado español. Pode ser para deixar todo como está ou poden cambiar as cousas. O que temos claro desde Galiza Pola Soberanía e Mar de Lumes é que o pobo galego ten que estar presente facendo valer a súa condición de nación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario