31 ago. 2015

Primeira Olimpiada de Billarda

Acto: 1ª Olimpiada de Billarda
Día: 13 de setembro
Hora: 10h
Lugar: Pistas do Colexio San Narciso
Organiza: Gharaboto
A asociación cultural e deportiva Gharaboto organizan as Primeiras Olimpiadas de Billarda en Marín o vindeiro 13 de setembro.
Estas peculiares olimpiadas contarán con distintas probas como a de 100 e 200 metros, altura, maratón (400m), triplas e un aberto clásico de billarda.
As olimpiadas comezarán ás 11 da mañá nas pistas deportivas do colexio San Narciso e a organización disponibiza a aquelas persoas que quixeren aloxarse e comer no recinto das olimpiadas prazas a un prezo de 18 euros. Tamén se poderán reservar prazas para o xantar, cuxo prezo é de 6€, ata o día 9 de setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario