26 sept 2015

Club de lectura "Nada se opone a la noche"

Acto: Club de lectura "Nada se opone a la noche"
Día: 1 de outubro
Hora: 18:30H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro retoma a actividade do seu club de lectura este xoves, 1 de outubro, ás 18h na cámara agraria co libro da escritora francesa, Delphine de Vigan: "Nada se opone a la noche".
Despois de atopar a súa nai morta en misteriosas circunstancias, Delphine de Vigan convertese nunha sagaz detective disposta a reconstruír a vida da desaparecida. Os centos de fotografías tomadas durante anos, a crónica do avó de Delphine, rexistrada en cintas de casete, as vacacións da familia filmadas en súper oito ou as conversas mantidas pola escritora cos seus irmáns son os materiais dos que se nutra a memoria. Achámonos ante unha esplendida e sobrecolledora crónica familiar, mais tamén ante unha reflexión sobre a verdade da escritura, porque son moitas as versións dunha mesma historia e narrar implica escoller unha desas versións e unha maneira de contala. E esta escollas ás veces é dolorosa, porque na viaxe da cronista ao pasado da súa familia irán xurdindo os segredos máis escuros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario