27 sept 2015

Venres do Ateneo: Acordeonistas Manolo & Ramón

Acto: Actuación acordeonistas Manolo & Ramón
Día: 2 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia

Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A nova Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia na procura de revitalizar e renovar as actividades e a propia vida da entidade marinenses inaugura este venres 2 de outubro os "Venres do Ateneo", onde cada semana encherá o local de actuacións musicais, maxia, performance, monólogos...
Nesta primeira cita que comezará a partir das 21h no propio local do Ateneo os protagonistas serán o dúo de acordeonistas Manolo & Ramón quen ao longo dunha hora deleitarán ás e aos asistentes con numerosas cancións tocadas con este instrumento.
Manuel Barreiro Entenza é ademais o músico marinense que impartirá as aulas de acordeón no Ateneo Santa Cecilia este curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario