26 ago 2015

Roteiro das praias

Acto: Roteiro "Roteiro das praias"
Día: 13 de setembro
Hora: 10h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro de Marín
Organiza: Almuinha
A asociación cultural Almuinha organiza este domingo 13 de setembro  a primeira dunha serie de andainas dentro do programa "Coñecendo o noso entorno".
Nesta ocasión será o "Roteiro das praias", duns 9 km e duración estimada de 2 horas e media. A saída está prevista para as 10:00h. da Alameda Rosalía de Castro, e é unha andaina de dificultade baixa. 
É unha ruta de gran beleza, de gran valor cultural, paisaxístico e natural, e na que camiñaremos pola práctica totalidade do litoral marinense, pasando polas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e a do Santo.
Como lugares de especial interese destacan os petróglifos de Mogor, nos que faremos unha pequena parada, e no final do percorrido a illa do Santo.
É un roteiro non circular, polo que sería conveniente que aquelas persoas que poidan deixen un vehículo na Praia do Santo para voltar a Marín ao rematar. Conveniente, mais non imprescindíbel, pois desde a organización deixaremos algún vehículo no final do roteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario