29 sept. 2015

Roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

Acto: Roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños
Día: 4 de outubro
Hora: 17 horas
Saída: Área de lecer do Monte Pornedo
Organiza: O Ronsel e Acemas

Este domingo, 4 de outubro, as asociacións O Ronsel e Acemas (Asociación de Comerciantes de Marín Sur) de Seixo preparan un roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxicos dos Sete Camiños para recomendar, divulgar e promocionar entre as e os seus socios e clientes este espazo de enome valor en Marín.
Esta andaina, aberta ao público en xeral, sairá ás 17h da arboreda do Monte Pornedo, ao carón do cruce do Regueiriño e da saída da variante de Marín en sentido Figueirido. No caso de chuva o roteiro sería aprazado ata novo aviso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario