28 sept 2015

Presentación "Muller de papel"

Acto: Presentación "Muller de papel"
Día: 3 de outubro
Hora: 18horas
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín inicia o curso coa presentación do último libro de Rochi Nóvoa, Muller de papel, o próximo sábado 3 de outubro ás 18,00h no Museo Manuel Torres, nun recital de música e poesía coa presenza da autora.
Este novo poemario ten un formato distinto ao habitual. Nel os textos preséntanse en forma de tarxetas cunha fotografía no anverso e un poema no reverso.
Esta mestra de inglés apórtalle un aire novo á poesía galega. Os seus poemas enternecen ou arrepían, segundo queiran interpretarse; os temas que trata poden ser máis ou menos intimistas pero nunca están exentos dunha visión realista e crítica da sociedade actual, e o conxunto sorprende pola persoal mestura de forza, frescura e sensibilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario