6 oct 2015

Actuación As Chaneiras

Acto: Actuación As Chaneiras
Día: 16 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia

Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O grupo marinense ‘As Chaneiras’ vai actuar mañá ás 21:00 horas nos ‘Venres do Ateneo’. Formado por seis rapazas, esta formación musical creouse en 2008 ao abeiro da Asociación Artístico-Cultural ‘Os Chaneiros’. Alumnas de Lola Fernández e Miguel Fraguas, ‘As Chaneiras’ fan unha orixinal interpretación da música popular galega acompañada por ritmos de pandeiretas, pandeiros de man ou pandeiros cadrados de Peñaparda -de orixe salmantina-, entre outros instrumentos de raíz ibérica, cos que buscan a innovación dentro dun repertorio tradicional.
A participación en seráns, ruadas e foliadas marcou os inicios desta agrupación, que actuou en diversas localidades galegas. Os primeiros recoñecementos viñeron a través dunha mención especial no concurso Cantos de Taberna, en Moaña. Acudiron tamén a varios programas da televisión autonómica. Actualmente, ademais de continuar colaborando en festivais e actos culturais, ‘As Chaneiras’ están gravando o seu primeiro disco.
O acceso á actuación conleva un donativo de 3 euros no caso dos socios e socias do Ateneo, e 4 euros para as persoas non socias

No hay comentarios:

Publicar un comentario