6 oct 2015

Proxección "Almanya. Benvido a Alemaña"

Acto: Proxección "Almanya. Benvido a Alemaña"
Día:  15 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
A nova xunta  directiva  do  Ateneo  Santa Cecilia  no  seu labor  de  revitalización da  entidade recupera as sesións do seu cineclub que  comezaron este  outubro con  sesións adicadasa un tema tan de actualidade como os refuxiados.

A segunda película deste ciclo, "Almanya, benvido a Alemania", proxectarase o xoves 15 de outubro a partir das 21h na biblioteca de Marín.
"Almanya, benvido a Alemaña" é unha película do director Yasemin Samdereli que conta a historia dunha familia turca afincada en Alemaña ao tempo que explora as diferenzas entre as vellas e as novas xeracións, facendo especial fincapé en todo o que ten que ver coas raices e a integración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario