4 oct 2015

Actuación Quodlibet

Acto: Actuación Quodlibet
Día:  9 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia

Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia continua coa programación dos seus "Venres no Ateneo" que cada venres encherá o local de actuacións musicais, maxia, performance, monólogos...
Desta volta, a actuación do venres 9 de outubro, comezará ás 21h e terá como protagonista ao dúo de piano e gaita Quodlibet.
Quodlibet é un proxecto musical formado en maio de 2011 pola pianista Andrea García e o gaiteiro Felipe Rea. A súas pezas son unha mixtura da música tradicional coa música académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romarías, a gaita, acompañado dun extraordinario e completo amigo como é o piano.
Felipe Rea é ademais o profesor que impartirá as aulas de gaita dentro da programación de cursos do Ateneo Santa Cecilia.
A entrada para ver o espectáculo custará 3€ para as persoas socias do Ateneo e 4€ para aquelas persoas non asociadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario