5 oct. 2015

Aberto de billarda da Festa da Maza e da Sidra

Acto: Aberto de billarda da Festa da Maza e da Sidra
Día: 10 de outubro
Hora: 16:30h
Lugar: Pistas do Colexio San Narciso
Organiza: Gharaboto
O sábado 10 de outubro arranca a liga de billarda na Conferencia Sur cun aberto organizado por Gharaboto dentro do marco da Festa da Mazá e da Sidra que terá lugar na parroquia marinense de Santomé durante toda a fin de semana.
O aberto que comezará ás 16:30h xogarase nas pistas deportivas do colexio San Narciso e como sempre a inscrición é aberta e gratuíta para todas as idades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario