5 oct 2015

Carreira Pinga Pinga

Acto: Carreira Pinga Pinga
Día:  10 de outubro
Hora: 16horas
Lugar: Campo de futbol de Santomé
Organiza: Club Deportivo Pinarium
Un ano máis, coincidindo coa Festa da Sidra de Santomé, o Club Deportivo Pinarium organiza unha nova edición da Carreira Pinga Pinga, e xa van 6, o sábado 10 de outubro a partir das 16h. 
Esta carreira que o Club Deportivo Pinarium organiza co obxectivo de dar a coñecer a zona de Santomé e dinamizar o deporte na parroquia e na vila de Marín, sairá desde o campo de futbos de Santo Tomé sendo a meta o mesmo campo cun percorrido de 8 kilómetros definido como rompepernas.
A carreira para a categoría absoluta comezará ás 17h mentres que para as categorías menores a proba comezará ás 16:10h podendo realizarse as inscricións até o xoves 7 de outubro na páxina web www.cronotec.es a un prezo, para os adultos, de 4€ ata o 4 de outubro e de 6€ a partir desa data.
A carreira servirá para tamén para homenaxear a piragüista olímpica Teresa Portela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario