30 oct 2015

Concerto presentación "Xardín Desordenado- Aprendendo a ladrar"

Acto: Concerto presentación "Xardín Desordenado- Aprendendo a ladrar"
Día: 7 de novembro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
Xardín Desordenado é unha reunión de músicos que dende hai algún tempo veñen musicando poetas galeg@s. Aínda que de distintas procedencias, todos eles teñen contacto co Jazz. As súas cancións van dende o Swing e o Blues ata a Bossa Nova ou o Bolero.
No ano 2.011 decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios científicos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.
O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” converteron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues…
Acaban de publicar o seu segundo CD, dedicado a 17 poetas mulleres (Rosalía, Carme Kruckemberg, Olga Nova, Chus Pato, María Lado, Marta Dacosta, etc) titulado "Aprendendo a ladrar" que xa comezaron a presentar en auditorios.

O sábado día 7 de Novembro, ás 20 horas, Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud (as voces de Xardín desordenado) presentarán este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva na Biblioteca de Marín

No hay comentarios:

Publicar un comentario