30 oct. 2015

Evento deportivo e cultural Campeche

Acto: Evento deportivo e cultural Campeche
Día: 7 de novembro
Hora: 12 h
Lugar: Pistas de half parada de autobuses e Parque Azul do Cantodarea
Organiza: Izel United Skate e BMX
O sábado 7 de novembro a asociación deportiva e social Izel United Skate e Bmx celebrará nas pistas de half da parada de autobuses e nas do Parque Azul de Cantodarea o Campeche. Un evento multidisciplinar que ten como pedra angular o deporte urbano e no que tanto participantes como espectadores poderán gozar de exhibicións, música, grafitis, actividades para crianzas, mercado de accesorios… e todo co obxectivo de fomentar este tipo de deportes e recoller alimentos, xoguetes e equipamento deportivo.

O evento que comezará ás 12 da mañá contará coa participación de Zaira Tari - unha grande patinadora de Freestyle, slalom e rollerdance – , un masaxista da Escola Europea de Masaxes Parasanitaria, e a actuación do dúo Beryer and Klee entre outras actuacións musicais.
No caso de chover algunhas das actividades trasladarianse ao multiusos da praza de abastos.
https://www.facebook.com/events/1625253724407573/

No hay comentarios:

Publicar un comentario