29 oct 2015

Presentación "El humo del diablo"

Acto: Presentación "El humo del diablo"
Día: 6 de novembro
Hora: 20 horas
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O xornalista e escritor Fernando Salgado presentará mañá ás 20:00 horas, no marco dos ‘Venres do Ateneo’, o libro titulado “El humo del diablo”, do que é autor e editor. É a súa segunda obra despois de “Elefantes y hormigas”. Durante a presentación proxectarase un documental audiovisual sobre o protagonista desta historia, José Antonio Iglesias ‘Toni’.
Empregado dunha multinacional do sector do automóbil en Colombia, este veciño de Portonovo viviu unha auténtica odisea persoal a causa da súa adicción ao ‘bazuko’, a base sucia da cocaína, o que o levou a ter que sobrevivir na marxinalidade polas rúas do barrio de El Cartucho, un perigoso suburbio de Bogotá.
Coñecer a Toni Iglesias, conversar e escoitalo durante horas, foi o que levou a Fernando Salgado a escribir este duro testemuño vital, ao longo de 156 páxinas nas que se mesturan realidade, novela e xornalismo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario