26 oct. 2015

Proxección "As uvas da ira"

Acto: Proxección "As uvas da ira"
Día:  29 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O xoves 29 de outubro a biblioteca de Marín acollerá a partir das 21h a última sesión do ciclo, que dentro do cineclub do Ateneo Santa Cecilia, se estaba adicando ao tema da inmigración e aos refuxiados coa proxección do filme de John Ford "As uvas da ira".
Este film de 1940 dirixido por John Ford é a adaptación cinematográfica da novela do mesmo nome escrita por John Steimbeck, gañador de dous óscars (mellor director e mellor actriz secundaria), enmarcada na grande depresión dos anos 30 ten como eixo a vida dos Joad, a súa viaxe a California, utilizando esta familia para reflectir o que miles de estadounidenses sufriron durante os peores momentos desa crise. Con todo, o tema principal do filme non é a crise dos anos 30, o tema xira arredor da dureza da vida dun emigrante, as inxustizas sociais e a falta de consistencia do que algúns deron en chamar o "soño americano".

No hay comentarios:

Publicar un comentario