17 oct 2015

Roteiro das praias

Acto: "Roteiro das praias"
Día: 25 de outubro
Hora: 10h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro de Marín
Organiza: Almuinha
O domingo 25 de outubro a A.C. Almuinha organiza o Roteiro das Praias, que se viu na obriga de suspender o pasado mes de setembro por mor do mal tempo.
A saída será ás 10:00h desde a Alameda Rosalía de Castro de Marín, e contará coa participación do arqueólogo marinense Lukas Santiago que dará unha pequena charla na zona dos petróglifos de Mogor.
Será a primeira dunha serie de andainas dentro do programa "Coñecendo o noso entorno". É unha andaina duns 9 km, de dificultade baixa e duración estimada de 2 horas e media.
É unha ruta de gran beleza, de gran valor cultural, paisaxístico e natural, e na que se camiñará pola práctica totalidade do litoral marinense, pasando polas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e a do Santo.
Como lugares de especial interese destacan os petróglifos de Mogor, nos que haberá unha pequena parada, e no final do percorrido a illa do Santo.
É un roteiro non circular, polo que sería conveniente que aquelas persoas que poidan deixen un vehículo na Praia do Santo para voltar a Marín ao rematar. Conveniente, mais non imprescindíbel, pois desde a organización se deixará algún vehículo no final do roteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario