19 nov 2015

Concerto "César Loureiro e Carmen Gallego"

Acto: Concerto "César Loureiro e Carmen Gallego"
Día:  20 de novembro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Os músicos marinenses César Loureiro e Carmen Gallego protagonizarán a actuación musical deste “Venres do Ateneo”, cun concerto didáctico de zanfona e nyckelharpa. A través dunha proxección de imaxes, explicarán as orixes destes instrumentos primitivos, a súa evolución ao longo da historia, o tipo de música que producen e farán unha demostración práctica interpretando composicións propias dos seus lugares de procedencia, principalmente de orixe sueca e noruega, no caso da nyckelharpa; e pezas folclóricas de raigame europea no caso da zanfona.
Afincado na parroquia de San Tomé, César Loureiro é luthier, formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Constrúe zanfonas, arpas e instrumentos de corda, aplicando técnicas de construción artesanais, mais coa ollada posta tamén na innovación. 

No acceso a esta actuación, os socios do Ateneo achegan un donativo de 3 euros; 4 euros no caso dos non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario